Liberdade de preinscripción do médico

Estimado compañeiro/a, achegamos posicionamento deste Colexio ante informe anual sobre a racionalización do gasto na prestación farmacéutica da Comunidade de Galicia.

LIBERDADE DE PRESCRIPCION DO MEDICO

O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra recorda que o artigo 23.1 do Código de Deontoloxía Médica recolle que "o médico debe dispoñer de liberdade de prescrición, respectando a evidencia científica e as indicacións autorizadas, que lle permita actuar con independencia e garantía de calidade,".

En novembro de 2011 e a instancias dunha denuncia presentada por este organismo Colexial ante a Comisión Central de Deontoloxía, Dereito Médico e Visado, a raíz da introdución nos obxectivos asistenciais do SERGAS de criterios que considerabamos contrarios á liberdade de prescrición do médico; recibiuse ditame, que entre outras considera que: "a prescrición de fármacos legalmente aprobados non pode ser limitada se conforme á boa práctica clínica, conduce á terapéutica correcta do paciente" e "a limitación na prescrición de innovacións terapéuticas, pode afectar á equidade de acceso os medicamentos tanto por parte do médico coma do paciente. É dificilmente explicable que se autorice legalmente un fármaco para logo limitar a súa posibilidade de prescrición ben indicada".

Este Colexio facéndose eco da inquedanza dalgúns dos nosos compañeiros di que non é eticamente aceptable que a Administración estableza atrancos á liberdade de prescrición do médico, e neste sentido tramitará as denuncias que se lle fagan chegar, precisamente sobre a base dos considerandos éticos polos que se rexe a profesión.

Atentamente,

Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.